Vinculación Curricular Primaria
1) COMPETENCIAS CLAVE E DESCRITORES.
COMPETENCIA CIDADÁ
- CC2. Analiza (…) participando en actividades comunitarias, (…) o desenvolvemento sustentábel e o logro da cidadanía mundial.
- CC3. Comprende e analiza problemas éticos fundamentais e de actualidade, considerando criticamente os valores propios e alleos, e desenvolvendo xuízos propios para afrontar a controversia moral con actitude dialogante, argumentativa, respectuosa e oposta a calquera tipo de discriminación ou violencia.
- CC4. Comprende as relacións sistémicas de interdependencia, ecodependencia e interconexión entre actuacións locais e globais, e adopta, de forma consciente e motivada, un estilo de vida sustentábel e ecosocialmente responsábel.
COMPETENCIA EMPRENDEDORA
- CE1. Analiza necesidades e oportunidades e afronta retos con sentido crítico, facendo balance da súa sustentabilidade, valorando o impacto que poidan supoñer na contorna, para presentar ideas e solucións innovadoras, éticas e sustentábeis, dirixidas a crear valor no ámbito persoal, social, educativo e profesional.
- CE3. Desenvolve o proceso de creación de ideas e solucións valiosas e toma decisións, de maneira razoada, utilizando estratexias áxiles de planificación e xestión, e reflexiona sobre o proceso realizado e o resultado obtido, para levar a termo o proceso de creación de prototipos innovadores e de valor, considerando a experiencia como unha oportunidade para aprender.
COMPETENCIA MATEMÁTICA E COMPETENCIA EN CIENCIA, TECNOLOXÍA E ENXEÑARÍA (STEM)
- STEM5. Emprende accións fundamentadas cientificamente para promover (…) e preservar o ambiente; e aplica principios de ética e seguridade na realización de proxectos para transformar a súa contorna próxima de forma sustentábel, valorando o seu impacto global e practicando o consumo responsábel.
2) PERFIL DE SAÍDA DO ALUMNADO
PERFIL DE SAÍDA DO ALUMNADO AO ACABAR O ENSINO BÁSICO
- Desenvolver unha actitude responsábel a partir da toma de conciencia da degradación do ambiente (…) baseada no coñecemento das causas que os provocan, agravan ou melloran, desde unha visión sistémica, tanto local como global.
- Identificar os diferentes aspectos relacionados co consumo responsábel, valorar as súas repercusións sobre o ben individual e o común, xulgar criticamente as necesidades e os excesos.
3) ÁREAS CURRICULARES
| COÑECEMENTO DO MEDIO NATURAL, SOCIAL E CULTURAL | |
|---|---|
| Saberes básicos | |
| 2.º CICLO | 3.º CICLO |
| A. Cultura científica | |
| 1. Iniciación na actividade científica. | |
| Avances no pasado relacionados coa ciencia e coa tecnoloxía que contribuíron a transformar a nosa sociedade | A relación entre os avances en matemáticas, ciencia, enxeñaría e tecnoloxía para comprender a evolución da sociedade no ámbito científico-tecnolóxico. |
| A importancia do uso da ciencia e a tecnoloxía para axudar a comprender as causas das propias accións, tomar decisións razoadas e realizar tarefas de forma máis eficiente. | A ciencia, a tecnoloxía e a enxeñaría como actividades humanas. |
| 2. A vida no noso planeta | |
| Relación do ser humano cos ecosistemas para cubrir as necesidades da sociedade. Exemplos de bos e malos usos dos recursos naturais do noso planeta e as súas consecuencias. | |
| 3. Materia, forzas e enerxía. | |
| As fontes de enerxías renovábeis e non renovábeis e a súa influencia na contribución ao desenvolvemento sustentábel da sociedade. | |
| B. Tecnoloxía e dixitalización | |
| 1. Dixitalización da contorna persoal de aprendizaxe. | |
| Dispositivos e recursos dixitais de acordo coas necesidades do contexto educativo. | |
| C. Sociedades e territorios | |
| 4. Conciencia ecosocial. | |
| O cambio climático. Introdución ás causas e consecuencias do cambio climático. | O cambio climático do local ao global: causas e consecuencias. Medidas de mitigación e adaptación. |
| A transformación e a degradación dos ecosistemas naturais pola acción humana . Conservación e protección da natureza. | Responsabilidade ecosocial. Ecodependencia, interdependencia e interrelación entre persoas, sociedades e medio natural. |
| Responsabilidade ecosocial. Ecodependencia e interdependencia entre persoas, sociedades e medio natural. | O desenvolvemento sustentábel. A actividade humana sobre o espazo e a explotación dos recursos. |
| Estilos de vida sustentábel. O consumo e a produción responsábeis, o uso eficiente da auga e da enerxía e a prevención e a xestión dos residuos. | O desenvolvemento sustentábel. A actividade humana sobre o espazo e a explotación dos recursos. Os Obxectivos de Desenvolvemento Sustentábel.. |
| Axenda Urbana. O desenvolvemento urbano sustentábel. A cidade como espazo de convivencia. | |
| Estilos de vida sustentábel: os límites do planeta e o esgotamento de recursos. A pegada ecolóxica. | |
| EDUCACIÓN EN VALORES CÍVICOS E ÉTICOS | |
|---|---|
| SABERES BÁSICOS SÓ 3.º CICLO |
|
| C. Desenvolvemento sustentábel e ética ambiental. | |
| A acción humana na natureza. Ecosistemas e sociedades: interdependencia, ecodependencia e interrelación . |
|
| Os límites do planeta e o cambio climático. | |
| O deber ético e la obrigación legal de protexer e coidar o planeta. | |
|
Hábitos e actividades para o logro dos Obxectivos de Desenvolvemento Sustentábel. O consumo responsábel. O uso sustentábel do solo, do aire, da auga e da enerxía. A mobilidade segura, saudábel e sustentábel. A prevención e xestión de residuos. |
| EDUCACIÓN ARTÍSTICA | |
|---|---|
| Saberes básicos 2.º E 3.º CICLO |
|
| B. Creación e interpretación. | |
| Fases do proceso creativo: planificación, interpretación e experimentación. | |
| Interese e valoración tanto do proceso como do produto final en producións plásticas e audiovisuais. | |
| C. Artes plásticas, visuais e audiovisuais. | |
| Medios, soportes e materiais de expresión plástica e visual. Técnicas bidimensionais e tridimensionais básicas en debuxos e modelados. |