CONCURSO ESCOLAR FAINO VERDE
Este concurso ten como misión traballar a educación para entender a necesidade dun consumo responsábel no fogar dunha maneira creativa, divertida e innovadora, buscando a interacción do alumnado. A dinámica do Concurso está adaptada á LOMLOE, cun modelo de aprendizaxe activa e baseada nas competencias; e todos os seus recursos didácticos axústanse ao currículo escolar.
Esta edición busca primeiro estudar a contorna do fogar e o seu impacto sobre o ambiente para, despois, desenvolver diversas accións consecuentes que permitan e faciliten pequenos cambios no noso día a día; animando ao alumnado participante a buscar solucións e técnicas que fagan dos nosos fogares lugares sustentábeis, e a reflexionar sobre como crear contornas mellores.
O obxectivo é traballar a conciencia ecosocial dos alumnos e alumnas, e o seu papel como axentes de cambio para mellorar a súa contorna máis próxima, convidándoos a pasar á acción para converterse en cidadáns con espírito crítico e ecorresponsábel.
Ademais, a proposta da 8.ª edición de Hazlo Verde é 100 % flexíbel e está deseñada para adaptarse ás diferentes formas de traballar de cada docente.