Valoración de traballos
Que valorará o xurado para seleccionar os finalistas?
-
FAINO ECOSUSTENTÁBEL
Valorarase a adecuación en base aos 5 eixos que promoven unha casa sustentábel: redución e optimización da auga / enerxía eficiente / autoconsumo e enerxías renovábeis / economía circular / saúde e ambiente (xestión de residuos, consumo responsábel).
-
FAINO CREATIVO
Valorarase a orixinalidade das ideas e propostas que poidan converter o espazo do fogar elixido nunha estancia sustentábel.
-
FAINO INTERACTIVO
Valorarase a interactividade dos elementos expostos no modelo PPT do traballo de participación, así como a información que achegan.
-
FAINO CON CALIDADE
Valorarase o coidado posto na presentación, as ideas propostas e a súa posíbel adaptación ao obxecto do Concurso.
-
FAINO CON IMPACTO
Valorarase a transcendencia dos proxectos para a clase, o feito de procurar involucrar a outras persoas da contorna (compañeiros/as doutras clases, comunidade educativa e contorna próxima, veciños, pais).
(Aqueles traballos que non cumpran coas bases legais do concurso serán descartados.)
Como será o proceso de valoración dos gañadores?
- Selección de finalistas: Entre os proxectos presentados, farase unha preselección a través dunha mesa técnica dos 10 traballos finalistas de cada categoría (A, B e C) que cumpran cos criterios de participación y bases legais do concurso, que pasarán á fase nacional.
- Fase nacional: O xurado nacional elixirá un único traballo de cada unha das tres categorías participantes. Os traballos que maior número de votos reciban serán os gañadores nacionais.
- Premio especial do público: Dos 30 traballos finalistas, o máis votado polo público a través da web de Hazlo Verde conseguirá o premio do público.