5. Traballo de participación
QUE TEMOS QUE PRESENTAR?
Elixide unha estancia do fogar de entre as 5 posibilidades: salón, cociña, dormitorio, baño, xardín (terraza ou patio).
Pensade todas as ideas e solucións que se vos ocorran para facer máis sustentábel ese espazo elixido.
Tede en conta os 5 eixos que promoven unha casa sustentábel: redución e optimización da auga / enerxía eficiente / autoconsumo e enerxías renovábeis / economía circular / saúde e ambiente.
Lembrade que nas Bases Legais se atopan os criterios de valoración que aplicará o xurado para avaliar todas as propostas presentadas. Se os tedes en conta, é posíbel que o voso traballo obteña unha mellor valoración.
Abride o modelo de Power Point e empezade a editalo coas vosas achegas: elementos interactivos, fotos, vídeos, textos e debuxos que expliquen as vosas ideas, etc.
A ligazón ao modelo tamén está dispoñíbel na Área Privada do profesor.
Dispoñedes dun titorial que vos explicará os pasos para debedes seguir e como personalizar o modelo.
Unha vez enchido o modelo, subide o arquivo a través da Área Privada do profesor.