6. Marco pedagóxico
En Hazlo Verde, levamos oito edicións retando aos máis novos a asumir o seu papel de axentes de cambio para mellorar a súa contorna máis próxima, convidándoos a pasar á acción para converterse en cidadáns con espírito crítico e ecorresponsábel.
A base do programa escolar, nesta edición, busca primeiro estudar a contorna do fogar e o seu impacto sobre o ambiente para, despois, desenvolver diversas accións consecuentes que permitan e faciliten pequenos cambios sobre o noso día a día: a procura de solucións e técnicas que fagan dos nosos fogares lugares sustentábeis, e convidar á reflexión sobre como crear contornas mellores.
QUE APRENDIZAXES TEN ESTA EDICIÓN?
En Hazlo Verde, estamos convencidos dunha cousa, de que cambiar o mundo está nas nosas mans, coa axuda dos docentes e o seu alumnado. Porque grazas a iniciativas como a nosa, propiciamos que a comunidade cambie a súa percepción do mundo, con novas perspectivas e actitudes para transformar a súa contorna.
O Desenvolvemento Sustentábel é a expresión do compromiso que Leroy Merlin ten coas persoas e o ambiente. A sustentabilidade e o consumo responsábel son eixos clave para lograr un impacto social positivo, e esforzámonos por concienciar a nenos, nenas, mozos e mozas sobre a importancia de colaborar coa alarma ambiental.
Ese compromiso tradúcese nunha Política de Ambiente, que se centra en tres eixos: consumo responsábel, economía circular e cambio climático, con accións claras e obxectivos concretos, que contribúen cos Obxectivos de Desenvolvemento Sustentábel (ODS), da mesma maneira en que os escolares proxectan as súas melloras na súa contorna cotiá.
Porque queremos espertar en cada persoa a motivación
de crear contornas onde vivir mellor.
Que vos pedimos?
A aprendizaxe significativa, baseada en problemas, convida o alumnado a reflexionar sobre a configuración do fogar e o seu impacto ambiental, para posicionarse e valorar como os pequenos cambios poden lograr un gran impacto:
Como as eleccións persoais, meditadas desde a sustentabilidade, poden influír de gran maneira na contorna ambiental: desde o autoconsumo ou a xestión dos residuos xerados a diario, o consumo responsábel e como todas as accións levadas dentro do fogar deben contribuír á mellora da nosa contorna.
Imaxinádesvos o moito que podemos cambiar o mundo desde as nosas casas?
Pois cambiemos o mundo empezando polo fogar