2. Claves dunha casa sustentábel
O obxectivo dunha casa sustentábel é aforrar o máximo de enerxía posíbel, aproveitar a enerxía que a casa recibe e minimizar o impacto deste fogar no ambiente, ofrecendo confort e coidado da saúde aos seus habitantes.
As casas sustentábeis buscan, a través de 5 eixos, conseguir solucións máis beneficiosas co planeta e que estas redunden no benestar das persoas.
Á hora de planificar as estancias e a súa distribución, o fogar debería deseñarse seguindo os termos de sustentabilidade, confort, eficiencia enerxética, consumo responsábel, etc. ao mesmo tempo que se adapta aos novos tempos, aos seus inquilinos e ás súas formas de vivir.
Debe ser máis sustentábel, máis económica,
máis cómoda, máis conectada, máis fácil de usar…
Lembra:
a casa do futuro invéntase hoxe!!
Os 5 eixos dunha casa sustentábel:
A continuación, pasamos a ver con máis detalle cada un destes 5 eixos que nos ofrecen claves que debemos ter en conta para lograr un fogar sustentábel:
1. REDUCIÓN E OPTIMIZACIÓN DA AUGA
A auga é un recurso escaso que hai que coidar e que non se pode malgastar, pois non é renovábel como tal, xa que o planeta só ten un 2,5 % aproximado de auga doce fronte ao 97,5 % de auga salgada correspondente aos océanos.
Para facer fronte ao cambio climático e asegurar un consumo racional da auga necesaria no noso fogar, debemos economizar e optimizar a que se consome en casa:
- Instalando aireadores e outros sistemas economizadores en billas e cisternas conséguese reducir o consumo de auga ata nun 50 %.
- Reservando a auga empregada na cociña para regar as plantas ou fregar conséguese minimizar o seu gasto. Tamén se pode recuperar a auga da ducha e utilizala despois.
- Instalando depósitos que almacenen a auga da choiva pódese aproveitar a auga para a rega de plantas, lavar o coche ou a bicicleta, refrescar o patio, etc.
Se queres seguir aprendendo:
- Tres claves para aforrar auga (artigo e vídeo)
- A auga é vida, coidala está nas túas mans (artigo e vídeo)
2. ENERXÍA EFICIENTE
Unha enerxía eficiente é aquela que prové sen desaproveitar o seu potencial, é dicir, a que obtén os mellores resultados empregando a menor cantidade posíbel de enerxía.
Para asegurar a eficiencia das enerxías utilizadas no fogar, debemos pensar en maximizalas, por iso é polo que o illamento e a climatización sexan factores importantes ligados á eficiencia enerxética.
Un bo illamento é o primeiro paso para ter un fogar eficiente, que pode comportar ata un 30 % de aforro en calefacción e aire acondicionado.
- Instalando un bo illamento conséguese reducir o consumo do sistema de climatización. Se se opta por fibras vexetais como a cortiza, materias primas de fontes sustentábeis, tales como ladrillos cerámicos, madeira, adobe, pedra ou ben materias primas recicladas, lógrase mellorar a circulación do aire e a transpiración da casa.
- Os recubrimentos exteriores vexetais, como os xardíns verticais, optimizan a eficiencia enerxética ao resgardar a temperatura interna da casa, mitigando o contraste coa temperatura exterior.
- A instalación de toldos contribúe a rebaixar a temperatura interior da vivenda, reforzar o grao de illamento das xanelas e reducir o consumo de enerxía en climatización. Algúns modelos de toldos chegan a rebotar ata o 94 % da calor do sol.
- As persianas permiten mellorar o illamento e aforrar enerxía. No inverno, permiten gañar ata 4 °C de temperatura fronte a unha xanela sen persiana. No verán, reducen un 70 % a entrada de calor.
- Electrodomésticos eficientes. Os electrodomésticos da cociña consomen case a metade da enerxía dunha casa. A etiqueta enerxética informa sobre o seu consumo e eficiencia enerxética, así como o seu impacto ambiental. A clasificación vai de A a G, sendo A a que máis eficiencia mostra fronte a G.
Se queres seguir aprendendo:
- Coñece a nova etiqueta enerxética (artigo)
- Confort sustentábel, promovendo a comodidade sustentábel (artigo e vídeo)
- As casas invernadoiro (vídeo en francés, subtitulado)
3. AUTOCONSUMO E ENERXÍAS RENMOVÁBEIS
O sol e o vento proporcionan enerxía limpa, ecolóxica, gratuíta e, sobre todo, inesgotábel. Por cada kW de enerxía eléctrica producida con paneis solares ou aeroxeradores, afórranse 800 kg de emisións de dióxido de carbono ao ano.
Xerar enerxía en forma de autoconsumo, sen apenas danar a contorna e reducindo as emisións contaminantes, é outro factor para ter en conta á hora de deseñar unha casa.
- Instalando placas solares fotovoltaicas lógrase un medio autosuficiente para producir electricidade.
- O uso dos colectores solares térmicos pode servir para quentar a auga.
- A enerxía eólica é a que se obtén grazas á forza que exerce o vento sobre as pas dun aeroxerador, que a transforma en enerxía eléctrica.
Ao optar polo autoconsumo xerado polas enerxías renovábeis, lograrase, por unha banda, reducir o uso de combustíbeis fósiles, a emisión de gases contaminantes e a pegada ambiental, e pola outra, contribúese ao desenvolvemento sustentábel.
Se queres seguir aprendendo:
- Enerxías renovábeis, a túa casa pode cambiar o mundo (artigo e vídeo)
- Chans e paredes solares, ou como aproveitar cada centímetro da cidade (artigo)
- Pode ser a miña casa autosuficiente (artigo)
- Que é a enerxía solar fotovoltaica? (vídeo)
- Unha casa autónoma e autosuficiente (vídeo en francés, subtitulado)
4. ECONOMÍA CIRCULAR
A economía circular é un modelo de produción e consumo que implica compartir, reutilizar, reparar, renovar e reciclar todo o que usa, emprega e gasta no fogar.
Unha das súas claves é alongar a vida útil dos produtos e considerar os residuos como novos recursos para que poidan incorporarse de novo ao uso cotián:
- Reciclando móbeis de segunda mano ou dándolles novos usos e funcións.
- Reutilizando envases, como tarros de cristal ou caixas de froita.
- Aplicando o concepto de consumo responsábel no fogar, valorando a pegada ambiental dos produtos usados na casa.
- Reciclando os residuos orgánicos para facer compost obtense un fertilizante natural que achega ás plantas os nutrientes que necesitan.
Calcúlase que, en 2050, podería necesitarse o equivalente a case tres planetas para proporcionar os recursos naturais necesarios para manter os estilos de vida actuais.
Se queres seguir aprendendo:
- Coñece os 5 conceptos da economía circular (artigo)
- Economía circular (artigo e vídeo)
- A cociña, epicentro da revolución circular (artigo)
- Como compostar (vídeo)
5. SAÚDE E AMBIENTE: XESTIÓN DE RESIDUOS, CONSUMO RESPONSÁBEL
O ambiente que nos rodea está relacionado coa saúde no sentido de que inflúe directamente sobre a saúde e o organismo das persoas. Basta tomar como exemplo as illas de calor urbanas, e como estas repercuten de forma negativa na saúde humana, polo aumento da temperatura e unha peor calidade do aire.
Así, a temperatura ambiente e o aire do interior da casa, a contorna ou o interior dos edificios teñen unha gran implicación no benestar e na saúde das persoas.
- Ventilación da casa: renovar o aire de forma periódica para asegurar unha calidade do aire, con ventilación cruzada.
- Climatización interior: manter unha temperatura ambiente constante.li>
- Consumo responsábel: elixir produtos para o fogar biolóxicos ou con pouca pegada ambiental, ou provenientes de fontes sustentábeis, etc.
- Téxtiles naturais: a diferenza dos de orixe natural, as fibras e téxtiles sintéticos son produtos derivados do petróleo, que poden soltar microfibras que empeoran o aire que se respira no interior do fogar, xa que na súa maioría non son biodegradábeis.
- Pinturas ecolóxicas: as pinturas ecolóxicas, de orixe vexetal, son inocuas para a saúde, mentres que as sintéticas, de orixe sintética ou derivadas do petróleo, poden soltar vapores que son contaminantes químicos, resultando nocivos non só para a saúde, senón tamén para o ambiente.
- Iluminación natural: tanto para evitar o consumo de enerxía eléctrica como para protexer a saúde ocular.
- Vexetación: tanto no interior como no exterior da casa, as plantas permiten reducir os efectos da contaminación do ambiente e dos ruídos, ademais de contribuír a un maior confort no apartado climático e térmico.
Se queres seguir aprendendo:
- Que é a Síndrome do Edificio Enfermo e como evitala (artigo)
- O barrio no que vives determina a túa saúde (artigo e infografía)
- Contorna saudábel, o cambio empeza por nós (artigo e infografía)
- Ambiente e saúde (web Axencia Europea Ambiental)
- Permacultura ou como (con)vivir en harmonía coa natureza (artigo)
