9ª edición del Programa de Acción Educativa Hazlo Verde de Leroy Merlin: Un aula sostenible está en tus manos. Concurso Escolar sobre medioambiente

Estás visualizando una edición antigua del Concurso Escolar Hazlo Verde. Si deseas participar en la última edición haz click aquí.

Categorías e participación

Quen pode participar na 8.ª edición de Hazlo Verde?

Estudantes de 2.º e 3.º ciclo de Primaria, de 1.º a 4.º de ESO, Educación Especial e FP Básica.

Ed. Especial poderá participar na categoría que prefira o docente en función do nivel madurativo e intelectual do seu alumnado, sempre que os participantes teñan entre 8 e 16 anos.

Como é a participación?

Todos os grupos participantes terán que elixir unha estancia do fogar entre 5 posibilidades (salón, cociña, dormitorio, baño ou xardín) e pensar todas as ideas e solucións que se lles ocorran para facer máis sustentábel ese espazo elixido tendo en conta os 5 eixos que promoven unha casa sustentábel: redución e optimización da auga / enerxía eficiente / autoconsumo e enerxías renovábeis / economía circular / saúde e ambiente.

Que teredes que presentar?

Elixideunha estancia do fogar de entre as 5 opcións dispoñíbeis: salón, cociña, dormitorio, baño, xardín (terraza ou patio).

Pensade todas as ideas e solucións que se vos ocorran para facer máis sustentábel ese espazo elixido.

Lembrade que só podedes presentar un modelo, o que elixades, para participar no Concurso.

Os 5 modelos (formato PPT) están dispoñíbeis na Área Privada do profesor.

Tede en conta os eixos que promoven unha casa sustentábel; dentro do modelo deixámosvos espazos de texto para que acheguedes as vosas ideas e solucións a estas cuestións:

Abride o modelo Power Point da vosa elección e empezade a editalo coas vosas achegas: con fotos, ligazóns a vídeos, textos e debuxos que expliquen as vosas ideas, etc.

Unha vez enchido o modelo, subide o arquivo, en formato PPT, a través da Área Privada do profesor.

Lembrade que nas Bases Legais se atopan los criterios de valoración que aplicará o xurado para avaliar todas as propostas presentadas. Se os tedes en conta, é posíbel que o voso traballo obteña unha mellor valoración.